Psicoterapia
A terapia é un proceso de traballo persoal, dentro dun espazo seguro e de confidencialidade onde se traballa sobre as emocións, os pensamentos e as accións.
O espazo creado para realizar as consultas está orientado ao benestar persoal e ao servizo da saúde mental, emocional e física.
Preguntas e respostas:
¿Cando podemos dicir que a psicoterapia é adecuada?
A psicoterapia é beneficiosa cando experimentas algún grao de emocionalidade intensa, un conflito nas túas relacións persoais, laborais, dificultade nos estudos, síntomas que obstaculizan o ritmo diario da túa vida…
¿A psicoterapia só está indicada se tes algún malestar?
Non necesariamente, podes ter interese en coñecerte mellor, en saber máis sobre o funcionamento das relacións interpersoais, é unha xeración de gran poder e utilidade.
¿Cal é un dos puntos claves para iniciar o traballo de psicoterapia?
As ganas de querer mellorar nalgún aspecto da vida. O desexo do cambio, é o motor que inicia o movemento cara a unha mellor vida e así é como se consegue que este movemento sexa máis alcanzable. O máis difícil é dar o primeiro paso de vir a terapia, ese primeiro movemento non é fácil. Unha vez que o das e asistes a primeira vez, o resto é máis dinámico. Para mostrar isto recordamos unha frase de Goethe «No momento no que un se compromete», tamén intervén a providencia.»
¿Coa axuda da psicoterapia é posible cambialo todo?
Non, non é posible cambiar todo o que queiras cambiar, é adecuado manterse dentro das posibilidades. Hai circunstancias doutras persoas ou externas que non son modificables (por exemplo unha enfermidade hereditaria). O traballo nestas circunstancias centrarase en respectar o que non se pode modificar, abandonar a loita interna e poder aceptar e vivir dentro das posibilidades de cada situación e/ou persoa.
‘.. Nós tamén somos prismas, e, mediante distintas permutacións do noso entendemento, estes matices distintos e relacionados entre si se poden fundirdr nunha gran amplitude’.
Bert Hellinger
Tipo de intervencións:
Psicoterapia emocional e de conduta: medos, ansiedade, apatía, tristeza, rabia...
Terapia familiar: relacións pais-fillos, entre irmáns...
Programas de relación de parella
Situacións de violencia de xénero, abuso sexual, manexo da falta de autocontrol
Conflitos laborais, acoso, crisis vocacional.
Programas de relaxación e desenvolvemento persoal
Momentos do ciclo vital:
- $Divorcios e separacións
- $Transición de duelos e pérdidas, depresión
- $Procesos de shock e trauma, situacións de crisis
- $Maternidade, embarazo e postparto
Servizo de consultoría
Supervisión a outros profesionais da saúde, educación
Asesoramento e supervisión en centros educativos
Cursos e formacións
Consulta a túa situación e atoparemos o enfoque máis adecuado.
“Se queres ir rápido, vai só,
se queres chegar lonxe, vai acompañado”.
Proverbio Africano