Un espazo para o benestar

Susana Costas Durán

Susana Costas Psicóloga

O meu nome é Susana Costas Durán e dedícome á psicoloxía dende fai xa máis de 20 anos.

Gústame a miña profesión e dispoñer dun espazo para ofrecer axuda e guía.

Sigo mantendo a miña curiosidade por aprender e atopar diversas fontes de inspiración, considéroo importante para realizar un traballo creativo, á par que efectivo.

Recoñezo no meu estilo á hora de facer psicoterapia, diversos ingredientes:

O meu interese xenuíno polas persoas, dende a humildade, mostrándome dispoñible e presente, non tanto dende a posición de experta.

Mostrar respecto cara ás persoas que consultan, cara ás súas vivencias e cara ao contexto, onde se desenvolve a súa historia de vida; é esencial dentro do espazo terapéutico.

Manter viva a creatividade para atopar opcións e solucións que leven ao cambio desexado.

A efectividade non como obxectivo, se non para darse conta dos avances e dos cambios… de todo o que está funcionando e daquilo que se pode cambiar ou mellorar.

Traballo dende o cariño e o bo humor, como parte do espazo terapéutico, que axuda a entender, a camiñar e a crecer.

¡Sempre hai algunha solución,

aínda que non sexa a que nun inicio imaxinabas!

¡Sempre hai algo que podemos facer!

Susana Costas

Sesións:

podes elexir entre on line a través de ZOOM e sesións presenciais

Sesións:

podes elexir entre on line a través de ZOOM e sesións presenciais

Susana Costas

“O médico debería coñecer a alma do paciente,

para comprender o seu verdadeiro ser e a raíz das súas queixas”

Aristóteles (384-322 a. C.)